CENTRO DE DÍA MILLADOIRO

No CENTRO DE DÍA MILLADOIRO temos como compromiso mellorar a calidade de vida dos nosos maiores e das súas familias, para o que prestamos un servizo flexible e adaptado a cada caso.

Somos unha empresa formada por un equipo de profesionais con ampla experiencia e formación en xeriatría e xerontoloxía, o que nos permite ofrecer cobertura a todas as necesidades específicas de cada maior. O noso equipo multidisciplinar fai unha avaliación de cada usuario e deseña un plan terapéutico individualizado para conseguir os mellores resultados.

As familias son un factor clave nos resultados, por iso, para garantir o intercambio de experiencias, a comunicación diaria é un elemento indispensable.

Conseguir o maior grado posible de autonomía persoal e independencia é o obxectivo primordial do noso proceso de atención.

As nosas instalacións

Fachada do Centro de Día Milladoiro
Recepción no Centro de Día Milladoiro
Hall ou recibidor do Centro de Día Milladoiro
Aula común ou de actividades do Centro de Día Milladoiro
Detalle da aula común ou de actividades
Despachos do Centro de Día Milladoiro
Detalle Ximnasio
Detalle Ximnasio
Ximnasio, sala de exercicio ou sala de recuperación
Decoración de verán na Aula de Actividades
Agasallos feitos a man polos nosos avós
Excusión á unha das guarderías do Concello
Un dos nosos avós enseñando a xuventude
Festa cas familias

Obxectivos

MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS MAIORES E DAS SÚAS FAMILIAS
  • Conseguir o maior grado posible de autonomía persoal e independencia.
  • Previr, mellorar e manter o deterioro físico, cognitivo, psíquico e social dos maiores.
  • Ofrecer atención integral aos problemas de saúde vinculados ao envellecemento.
  • Potenciar as relacións sociais e manter a conexión co entorno.
  • Proporcionar apoio ás familias.

Servizos Básicos

  • Información e asesoramento.
  • Atención á saúde.
  • Fisioterapia rehabilitadora.
  • Terapia ocupacional.
  • Xestión por traballadora social.
  • Animacion sociocultural
  • Dietas por nutricionista
    (almorzo, xantar e merenda)
  • Administración
    de medicamentos.
  • Control da hixiene

Servizos Complementarios

  • Fisioterapia especializada.
  • Atención psicolóxica.
  • Perruquería.
  •  
  • Podoloxía.